‘Onda curta’, nova vítima?

Afirma A Nosa Terra que o programa de curtametraxes ‘Onda curta’, caerá da grella da TVG en breve. De ser confirmada esta noticia sería a cuarta vítima dos novos xestores da CRTVG, despois do programa das vacas tolas, o ‘Aberto por Reformas’ de Xurxo Souto, e ‘Libro Aberto’.

15/06/2009 at 5:17 pm 2 comentarios

A Generalitat paga por lei a apertura de foxas; a Xunta paralízaas

Desde Cataluña chégannos noticias de que o Parlament aproba o mércores a norma que obriga á Generalitat a exhumar as sepulturas por mandado de familiares de desaparecidos.

Mentres, en Galicia ficou conxelado o convenio que asinara a Consellaría de Cultura e o Instituto de Medicina Legal de Galicia e o Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago para exhumar as foxas; desapareceu a web que recollía toda a información da recuperación da memoria histórica (http://anodamemoria.com/); e o novo conselleiro afirma non estar interesado nesta angueira.

Actualización 16/06/09: Xornal de Galicia recolle a nosa noticia e descobre quen recuperou a vella web da Memoria: o proxecto interuniversitario “Os nomes, as voces, os lugares”.

14/06/2009 at 11:09 pm Deixar un comentario

Educación discrimina a Galicia Hoxe e Xornal de Galicia

Onte venres 12 de xuño de 2009 a Consellaría de Educación publicou un anuncio a toda páxina en todos os diarios que se publican en Galicia para dar a coñecer a consulta aos pais sobre o galego no ensino. En todos? Non, en todos agás nos únicos que teñen presenza absoluta do galego, caso de Galicia Hoxe, ou parcial, caso de Xornal de Galicia.

13/06/2009 at 11:18 pm Deixar un comentario

Tamén desaparece ‘Libro Aberto’

A última noticia procedente da CRTVG cóntaa Brétemas, quen asegura que o programa ‘Libro Aberto’, de Manuel Romón, non se emitirá nunca máis.

12/06/2009 at 6:00 pm 1 comentario

Nin Premios Nacionais nin Biblioteca Nacional

El País vén de publicar unha reportaxe sobre os temas pendentes no eido da cultura e só nos quedan claras un par de cousas: que a Biblioteca Nacional de Galicia pasará a chamarse Biblioteca de Galicia e que os Premios Nacionais deixarán, seguramente, de existir.

12/06/2009 at 5:53 pm Deixar un comentario

Galicia agóchase do mundo

O novo Goberno rexeita estar no mundo con presenza propia. Os avances do bipartito en materia de proxección internacional, sobre todo en materia cultural, espétanse agora contra o muro Feijoo. Hoxe a noticia, presentada como positiva, é a non apertura das “embaixadas” galegas en Lisboa e Bruxelas. A comparanza co Goberno catalán, que abre centros nas principais capitais do mundo, devólvenos ao comezo do proceso autonómico.

11/06/2009 at 12:20 pm Deixar un comentario

Adeus Galescolas, ola Escolas Infantís

A primeira web en cambiar de todo o Goberno, como non podía ser doutro xeito, é a das Galescolas, que agora pasan a chamarse Escolas Infantís, aínda que a nomenclatura do “antigo réxime” aínda pulula pola web adiante.

10/06/2009 at 7:10 pm Deixar un comentario

O Goberno non sabe que facer co audiovisual

Despois do despropósito do bipartito, que dividiu as competencias do audiovisual, o PP dálle unha volta de porca máis a esta industria cultural co seguinte esquema gobernativo nesta área:

-Dirección Xeral de Promoción do Sector Audiovisual e Contidos Dixitais, na Consellaría de Economía e Industria. Sen director xeral.

– Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), da Consellaría de Cultura. Sen director.

– Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), na Consellaría de Presidencia.

Preguntámonos que opina o sector de todo isto. Os do teatro xa se queixaron da parálise na Administración Feijoo.

Actualización 1 (10/06/09): Mentres, no Parlamento, Varela Fariña esquece a cultura e só fala de turismo.

Actualización 2 (11/06/09): Feijoo fai desaparecer no Consello da Xunta a Dirección Xeral que estaba en Economía, e que xa fora anunciada, e as súas competencias pasan a ser asumidas polas Secretarías Xerais de Medios e de Modernización e Innovación Tecnolóxica que dependen directamente do Presidente, tal e como publica CulturaGalega.org.

09/06/2009 at 11:54 pm Deixar un comentario

Manifesto contra a censura na RG e a marxinación da música galega

Logo da entrada triunfal da nova dirección da Radio Galega baleirando de contido o magnífico ‘Aberto por Reformas’ que Xurxo Souto convertera en programa emblemático, os de Komunikando promoven un manifesto contra a censura e contra a marxinación da música galega. Pódelo asinar aquí.

09/06/2009 at 5:33 pm 1 comentario

Unha enquisa sen fiabilidade será a base do novo decreto do galego

Educación comeza a vindeira semana a “decisiva” consulta, que non dá opción á presenza equivalente de galego e castelán e da que serán responsables os equipos directivos dos centros. Vexan a noticia en Xornal de Galicia ou en Vieiros, onde poden descargar a propia enquisa.

06/06/2009 at 11:37 am Deixar un comentario

Artigos máis antigos Artigos máis recentes


Categorías

  • Fontes

  • Feeds