Posts filed under ‘Uncategorized’

A Generalitat paga por lei a apertura de foxas; a Xunta paralízaas

Desde Cataluña chégannos noticias de que o Parlament aproba o mércores a norma que obriga á Generalitat a exhumar as sepulturas por mandado de familiares de desaparecidos.

Mentres, en Galicia ficou conxelado o convenio que asinara a Consellaría de Cultura e o Instituto de Medicina Legal de Galicia e o Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago para exhumar as foxas; desapareceu a web que recollía toda a información da recuperación da memoria histórica (http://anodamemoria.com/); e o novo conselleiro afirma non estar interesado nesta angueira.

Actualización 16/06/09: Xornal de Galicia recolle a nosa noticia e descobre quen recuperou a vella web da Memoria: o proxecto interuniversitario “Os nomes, as voces, os lugares”.

14/06/2009 at 11:09 pm Deixar un comentario

Tamén desaparece ‘Libro Aberto’

A última noticia procedente da CRTVG cóntaa Brétemas, quen asegura que o programa ‘Libro Aberto’, de Manuel Romón, non se emitirá nunca máis.

12/06/2009 at 6:00 pm 1 comentario

O Goberno non sabe que facer co audiovisual

Despois do despropósito do bipartito, que dividiu as competencias do audiovisual, o PP dálle unha volta de porca máis a esta industria cultural co seguinte esquema gobernativo nesta área:

-Dirección Xeral de Promoción do Sector Audiovisual e Contidos Dixitais, na Consellaría de Economía e Industria. Sen director xeral.

– Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), da Consellaría de Cultura. Sen director.

– Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), na Consellaría de Presidencia.

Preguntámonos que opina o sector de todo isto. Os do teatro xa se queixaron da parálise na Administración Feijoo.

Actualización 1 (10/06/09): Mentres, no Parlamento, Varela Fariña esquece a cultura e só fala de turismo.

Actualización 2 (11/06/09): Feijoo fai desaparecer no Consello da Xunta a Dirección Xeral que estaba en Economía, e que xa fora anunciada, e as súas competencias pasan a ser asumidas polas Secretarías Xerais de Medios e de Modernización e Innovación Tecnolóxica que dependen directamente do Presidente, tal e como publica CulturaGalega.org.

09/06/2009 at 11:54 pm Deixar un comentario


Calendario

Setembro 2020
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Posts by Month

Posts by Category