Posts filed under ‘Medios’

Importante recurte ao Diario Cultural

Hai moitas maneiras de acabar cun programa. Pode  ser pola brava, como aconteceu co ‘Aberto por Reformas’, ou aos poucos, como parece que queren facer os novos xestores da Radio Galega co Diario Cultural, o mellor programa cultural do país, o máis veterano, o máis emblemático. Segundo nos conta Vieiros ou mesmo dúas implicadas no caso, Déborah Campos e Helena González, a nova dirección da RG decidiu prescindir da sección de opinión deste espazo por “motivos económicos”. O espazo de opinión do Diario correspondía a Helena González os luns, Bieito Iglesias os martes, Xosé Carlos Caneiro os mércores, Débora Campos o xoves, e Miguel Anxo Murado os venres.

04/07/2009 at 11:19 am Deixar un comentario

Información partidaria na web da Xunta

Levabamos semanas observando na web da Xunta de Galicia os numerosos exemplos de noticias partidarias (PPdeG) nas que se ataca á oposición (PSdeG e BNG) como nunca se fixera desde unha fonte institucional. E Xornal de Galicia vén de publicar unha noticia na que nos relata isto mesmo, apuntando titulares como “Agustín Hernández acusa a PSOE e BNG de vender fume”, “Economía acusa ao BNG de mentir” ou “Traballo lamenta a desinformación do BNG”. Observemos tamén a evolución do DOG, non vaia ser.

16/06/2009 at 12:10 pm Deixar un comentario

‘Onda curta’, nova vítima?

Afirma A Nosa Terra que o programa de curtametraxes ‘Onda curta’, caerá da grella da TVG en breve. De ser confirmada esta noticia sería a cuarta vítima dos novos xestores da CRTVG, despois do programa das vacas tolas, o ‘Aberto por Reformas’ de Xurxo Souto, e ‘Libro Aberto’.

15/06/2009 at 5:17 pm 2 comentarios

Educación discrimina a Galicia Hoxe e Xornal de Galicia

Onte venres 12 de xuño de 2009 a Consellaría de Educación publicou un anuncio a toda páxina en todos os diarios que se publican en Galicia para dar a coñecer a consulta aos pais sobre o galego no ensino. En todos? Non, en todos agás nos únicos que teñen presenza absoluta do galego, caso de Galicia Hoxe, ou parcial, caso de Xornal de Galicia.

13/06/2009 at 11:18 pm Deixar un comentario

Aumento das axudas á prensa

Os xornais cada vez son menos lidos, cada vez venden menos, cada vez teñen menos influencia, pero son un sector ‘estratéxico’. Malia a crise e a austeridade (sic) do novo Goberno, o PP vén de aumentar as axudas á prensa que xa tiña o bipartito (que tamén repartía a esgalla, todo sexa dito) de 2,2 millóns de euros a 2,5. Velaquí a noticia e velaí a resolución no DOG do 2 de xuño.

03/06/2009 at 10:02 am Deixar un comentario

Primeiro programa censurado na TVG

O recén estreado programa da TVG ‘Caixa Negra’, producido por Filmanova e un dos mellores dados a luz neste país, sufriu as primeiras consecuencias da nova dirección da cadea: foi cancelada unha reportaxe sobre as vacas tolas e substituída polo western ‘O xinete pálido’.

Actualización (05/06/09): Conseguido. TVG da marcha atrás y emitirá el próximo martes el reportaje de las vacas locas

03/06/2009 at 9:38 am Deixar un comentario

Adeus a ‘Aberto por Reformas’

Estes días o programa da Radio Galega ‘Aberto por Reformas’ deixou de pinchar música galega. Pasou de ser presentado por Xurxo Souto a selo por Xusto López Carril. As reaccións do sector musical, en Vieiros.

03/06/2009 at 9:32 am Deixar un comentario


Calendario

Setembro 2020
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Posts by Month

Posts by Category