Posts filed under ‘Lingua’

A Xunta garantirá os “dereitos lingüísticos” dos opositores

Esta noticia publicada na web da Xunta ben merece unha análise semiótica: Facenda garantirá os dereitos lingüísticos dos opositores e priorizará contar cos mellores profesionais na Administración. Ollo: prevalecen os dereitos dos opositores e non os dereitos dos administradores, que somos os que lle imos pagar. Atención a como son usadas palabras como “dereito”, “liberdade”, “discriminación”…

Actualización (24/06/09): El PP suprime “por consenso” el test del gallego a funcionarios (El País Galicia). O do “consenso” é brincadeira, claro.

23/06/2009 at 12:46 pm 2 comentarios

Educación discrimina a Galicia Hoxe e Xornal de Galicia

Onte venres 12 de xuño de 2009 a Consellaría de Educación publicou un anuncio a toda páxina en todos os diarios que se publican en Galicia para dar a coñecer a consulta aos pais sobre o galego no ensino. En todos? Non, en todos agás nos únicos que teñen presenza absoluta do galego, caso de Galicia Hoxe, ou parcial, caso de Xornal de Galicia.

13/06/2009 at 11:18 pm Deixar un comentario

Adeus Galescolas, ola Escolas Infantís

A primeira web en cambiar de todo o Goberno, como non podía ser doutro xeito, é a das Galescolas, que agora pasan a chamarse Escolas Infantís, aínda que a nomenclatura do “antigo réxime” aínda pulula pola web adiante.

10/06/2009 at 7:10 pm Deixar un comentario

Manifesto contra a censura na RG e a marxinación da música galega

Logo da entrada triunfal da nova dirección da Radio Galega baleirando de contido o magnífico ‘Aberto por Reformas’ que Xurxo Souto convertera en programa emblemático, os de Komunikando promoven un manifesto contra a censura e contra a marxinación da música galega. Pódelo asinar aquí.

09/06/2009 at 5:33 pm 1 comentario

Unha enquisa sen fiabilidade será a base do novo decreto do galego

Educación comeza a vindeira semana a “decisiva” consulta, que non dá opción á presenza equivalente de galego e castelán e da que serán responsables os equipos directivos dos centros. Vexan a noticia en Xornal de Galicia ou en Vieiros, onde poden descargar a propia enquisa.

06/06/2009 at 11:37 am Deixar un comentario

Máis reducións do galego no ensino: agora na educación infantil

Segundo publica hoxe La Voz de Galicia, a Consellaría de Educación vén de reducir o uso do galego nas aulas no novo decreto de educación infantil, xa que non se obriga a utilizalo en igualdade co español en zonas castelánfalantes.

05/06/2009 at 10:28 am Deixar un comentario


Calendario

Maio 2020
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Posts by Month

Posts by Category