Importante recurte ao Diario Cultural
04/07/2009
Hai moitas maneiras de acabar cun programa. Pode ser pola brava, como aconteceu co ‘Aberto por Reformas’, ou aos poucos, como parece que queren facer os novos xestores da Radio Galega co Diario Cultural, o mellor programa cultural do país, o máis veterano, o máis emblemático. Segundo nos conta Vieiros ou mesmo dúas implicadas no caso, Déborah Campos e Helena González, a nova dirección da RG decidiu prescindir da sección de opinión deste espazo por “motivos económicos”. O espazo de opinión do Diario correspondía a Helena González os luns, Bieito Iglesias os martes, Xosé Carlos Caneiro os mércores, Débora Campos o xoves, e Miguel Anxo Murado os venres.
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed